jueves, 3 de marzo de 2011

Biografía de Juan Ramón Martínez Barbosa


Juan Ramón nace en O Rosal (Pontevedra) o 20 de decembro de 1977. Realiza os seus estudos básicos no colexio PP Somascos de A Guarda, ata remata-lo bacharelato superior.

En 1996 ingresa na Universidade de Santiago de Compostela, estudos que cursa na Facultade de Historia.

Colaborador do Boletín Informativo Municipal de Arqueoloxía, Historia, Etnografía e Cultura de O Rosal, na actualidade, ano XVIII e número 52. Coopera na publicación anual da Memoria da Festa do Cabaqueiro, hoxe na súa XXVIII edición.

Dende xullo de 1999 participa nas escavacións que realiza a empresa de arqueoloxía Anta de Moura, con sede en Tui. Traballa nalgúns dos xacementos máis importantes de Galicia, tales como o da rúa Rosalía de Castro, en Vigo, onde se produxo o descubrimento de saíñas romanas; no sondeo arqueolóxico do Campus Lagoas-Marcosende (CUVI) ou nas escavacións dos montes de Chandebrito (Nigrán). Así mesmo participa nos traballos arqueolóxicos do casco histórico de Pontevedra, na praza de Curros Enríquez ou no estudo da Casa das Campás, tamén en Pontevedra.

No ano 2003 é designado Socio de Número do “Instituto de Estudios de A Paradanta y Condado do Tea” e dende aquela especialízase así mesmo no sector turístico-cultural da comarca do Baixo Miño.




Durante os anos 2005 e 2006 desempeña as funcións de colaborador do departamento de Cultura, sendo nomeado Auxiliar de Turismo do Concello do Rosal.

Nese mesmo ano é designado Técnico de Campo da Toponimia no municipio rosalés, dentro do Proxecto Toponimia de Galicia, desenrolado polo SITGA (Sistema de Información Territorial de Galicia).

É colaborador literario da "Revista de Estudos Soberosum", de Pórtico Cerveirense (Revista de Informaçao e Cultura para Vila Nova de Cerveira, Vale do Minho e Galicia) e redactor doutras como En el Punto de A Guarda, Cultura Baixomiñota ou Pregón (revista da Festa do Corpus Christi de Ponteareas).




Fundador e director dende maio de 2008 da páxina web de información cultural e deportiva Noticias O Rosal (http://www.noticiasorosal.es/)

Nese mesmo 2008 é nomeado socio do Instituto de Estudios Tudenses. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) dende hai 8 anos.


Ata o 2011 traballou como Técnico de Cultura e Turismo do Concello do Rosal, exercendo á vez de Guía de Ruta nos Muíños do Folón e do Picón (declarados Ben de Interese Cultural), encargándose tanto da Oficina de Información sita no muíño nº 1 do Folón, como das diferentes rutas de sendeirismo que se ofertan dende o concello rosalés.



Dende xullo de 2012, embárcase na aventura en solitario, establecéndose como emprendedor sociocultural autónomo e máis tarde como traballador freelance (2015), na vila do Rosal e, por suposto, no Baixo Miño, colaborando con institucións públicas e privadas, profesionais e mesmo particulares que requiren os seus servizos de presentador, escritor, investigación, fotografía, etc.