jueves, 26 de julio de 2012

COMEZA O MEU NOVO PROXECTO SOCIAL E CULTURAL NA COMARCA DO BAIXO MIÑO

Moi boas e benvidos/as ao meu blog.

Agardando que estedes ben, coméntovos que -tal e como vos anunciara- comezo unha nova andaina, desta vez, profesional, xa que hai un par de semanas decidín dar o paso de constituírme por fin en emprendedor sociocultural autónomo.

Decisión moi meditada -e penso que necesaria- para poder colaborar e traballar tranquilamente para entidades públicas e privadas, para profesionais ou mesmo particulares que requiran calquera dos meus servizos.

Será, pois, este, o meu novo proxecto, despois de estar traballando dende 2005 no Concello do Rosal nos departamentos de Cultura e Turismo.

Seguirei dirixindo, por suposto, a web cultural Noticias O Rosal, que, como sabedes, naceu en maio de 2008 "co obxectivo e a única razón de dar a coñecer un pouquiño máis o noso pobo de O Rosal, os seus costumes, as súas xentes".

Prometendo dar o mellor de min -e con toda ilusión- afronto esta nova aventura, disposto a organizar, a traballar e a colaborar ao máximo con quen conte comigo en eventos histórico-culturais, turísticos, deportivos, etc.

Para máis información, non dubidedes en contactar comigo.

Un cordial saúdo para todos/as. Bicos e apertas!