jueves, 2 de agosto de 2012

DESTINO: XXXIII FESTIVAL DE PARDIÑAS. FEIRA E FESTA DA MÚSICA E DA ARTE


Esta fin de semana (3, 4 e 5 de agosto) desprazareime novamente ata Guitiriz (Lugo) para participar no "XXXIII Festival de Pardiñas. Feira e Festa da Música e da Arte", organizada pola Asociación Cultural Xermolos e considerada de Interese Turístico Galego.

Unha das novidades será o nacemento o venres 3 do "Pardiñas Rock", cun cartel encabezado por grupos tan recoñecidos no panorama nacional musical como Barricada e La Leñera (grupo de tributo a Leño). Organiza: Castrexo Producións.

Xa o sábado 4 comezará a XIX Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, con obradoiros, actuacións musicais e mesmo presentacións de libros, que se prolongará ata o domingo 5.

O Festival de Pardiñas, que conta co escritor Xosé Lois García Fernández como pregoeiro, terá os seguintes grupos musicais:

Sábado 4

Bloquinho de Xermolos Galicia
Milesios Galicia
Coetus & Eliseu Parra Cataluña
Kepa Junkera Euskadi
Quempallou Galicia
Cuchufellos Galicia

Domingo 5

Tamborada Chotokoeu
Zurrumalla Galicia
Beltaine Polonia
Chotokoeu Galicia


Xa vos contarei máis polo míudo (á volta) como foi esta experiencia por terras lucenses e o reencontro en Pardiñas con vellos  e bos amigos que están espallados polo mundo adiante.

Saúde para todos/as. Bicos e apertas!