"Os Furabolas" (Quesy e Trillo) -subcampións- e "Juanitos" (Diego e Jallas) -campións-, pousan con Lelo, propietario do Bar Troya, intres antes de comezar a final do I OPEN.
Hoxe, venres 24 de agosto, a partir das 20:30 horas, terá lugar no Bar Troya (Marzán) o III Open de Futbolín O Rosal 2012.
Finalmente completáronse todas as prazas ofertadas (32 xogadores/as-16 parellas) neste novo torneo, no que se entregarán premios aos catro primeiros equipos e agasallos-recordos para todos os participantes.
O sistema do campionato e de xogo serán os mesmos que en anteriores edicións. Os xogadores/as anótanse individualmente, por estrita orde de inscrición, tendo o seu correspondente número. Unha vez reunidos no Bar Troya, celebrarase o agardado sorteo no que se sacarán os números dun “bingo futbolineiro”, coñecendo así, mediante o azar e o destino, ao compañeiro/a de cada participante.
Destacar que neste Open xogarán cinco rapazas e haberá dous debutantes en competición oficial (Mario Treinta Alonso e Álex Casal Iglesias).
Pola miña parte, só dicirvos que ¡¡disfrutedes deste campionato entre amigos/as!! Espero de verdade que vos sintades a gusto e que o pasedes ben co noso xogo preferido.
¡¡Benvidos a todos/as e moita sorte!!
Esta é a relación completa dos participantes no III Open de Futbolín O Rosal 2012. Bar Troya:
PARTICIPANTES NO III OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR TROYA
1.- Diego Álvarez Fernández
2.- Rebeca Rodríguez Rodríguez
3.- Ignacio Moure Pérez
4.- Sergio Diego Fernández (Frony)
5.- Ángel Martínez Diego
6.- Mario Treinta Alonso
7.- Carlos Álvarez Antúnez (Sevi)
8.- Ruth Martínez Barbosa
9.- Óscar Rodríguez Vicente
10.- Santi González Correa
11.- Sergio Rodríguez Álvarez
12.- Diego Domínguez Rodríguez
13.- Pedro Fernández Carrera
14.- José Gómez Gómez
15.- Braulio Álvarez González (Galis)
16.- Álex Casal Iglesias
17.- Sergio Rodríguez Rodríguez
18.- Yors Silva Álvarez
19.- Gabriel Pérez Rodríguez
20.- Óscar Sabarís Meño
21.- Mary Domínguez Rodríguez
22.- Adrián Maquieira Pereira
23.- Óscar Rodríguez Vicente (Skape)
24.- Gera González Gómez
25.- Sergio Casal Fernández (Yeya)
26.- Sergio Martínez (Demo)
27.- Dani Rodríguez Martínez
28.- Gustavo Jurado Fernández
29.- Luis Martínez Pereira
30.- Eva Fernández Vicente
31.- Andrés Martínez Rocha
32.- Rosy Pereira Moledo