martes, 23 de octubre de 2012

ENTREVISTA CON ÓSCAR VICENTE, CAMPIÓN DE ESPAÑA ABSOLUTO DE TRIATLÓN 2012




Nos vindeiros días publicarase a entrevista que veño de realizarlle a Óscar Vicente Rodríguez, que se acaba de proclamar en Madrid Campión de España Absoluto de Triatlón en formato Sprint. "Quizais o resultado máis relevante da miña carreira deportiva", afirmou.

Como moitos/as de vós sabedes, Óscar naceu en Marzán (O Rosal) en 1990 e milita no Clube Cidade de Lugo Fluvial, sendo compañeiro do mismísimo Javier Gómez Noya.

Entre os logros do noso veciño Óscar Vicente, con tan só 22 anos, destacan que é tamén o Campión Galego Absoluto de Triatlón, Campión de España Junior de Duatlón varios anos consecutivos, Campión de Europa Junior de Duatlón (Grecia, 2008), conseguiu dúas medallas de Bronce no Campionato do Mundo de Duatlón (Italia e Escocia), Campión de Europa e do Mundo por equipos (en Grecia e Italia), etc.


Descubriremos cales son os seus máis inmediatos obxectivos no panorama mundial do triatlón (cos "posibles" Xogos Olímpicos de Brasil 2016 no horizonte) e coñeceremos da súa man os segredos deste fermoso deporte que consta de tres probas: natación, ciclismo e carreira a pé.

Dende aquí o meu agradecemento a Óscar, desexándolle os mellores e maiores éxitos.

Saúde para todos/as. 

¡¡Bicos e apertas!!