lunes, 12 de noviembre de 2012

INTERESANTE E AMENA PRESENTACIÓN DO BANCO DO TEMPO DA GUARDA... NO ROSAL



O venres 9 de novembro o Salón de Exposicións do Concello do Rosal, acolleu unha interesante e amena presentación do Banco do Tempo da Guarda, a cargo de Eva e Lúa, do Colectivo Ardentía, xestionador desta atractiva iniciativa social.


Deu a benvida ao acto a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, sendo acompañada, entre outras autoridades, pola edil de Educación, Mabel Franco Pérez e diferentes membros de asociacións, empresas e mesmo particulares da vila.


Despois da proxección de varios vídeos ilustrativos do Banco do Tempo e das pertinentes explicacións de Eva e Lúa en torno a este nacente proxecto, a sensación que me quedou é que, sen dúbida, con -nunca mellor dito- tempo, a idea triunfará. Nótase que detrás deste plantexamento hai moito traballo, ilusión e moita, moita seriedade. ¡Noraboa!

Tal e como eles mesmos din "o BDT é unha forma de intercambio gratuíto entre persoas, podendo a xente do Rosal, por cercanía e veciñanza acceder aos seus servizos, bens e coñecementos, tendo ao tempo como moeda social de cambio". 

Máis información no Centro Social Fuscalho (A Guarda, rúa Colón, nº 2) ou ben no seu bloghttp://colectivoardentia.blogspot.com.es/