lunes, 19 de noviembre de 2012

INTERESANTE, ENRIQUECEDORA E DIVERTIDA POLAFÍA NO CENTRO CULTURAL DA GUARDA



Tal e como vos tiña anunciado, o pasado venres 16 de novembro asistín á Polafía celebrada no Centro Cultural da Guarda.


Deu a benvida a este interesante acto Antonio Reigosa Carreiras, responsable da Sección de Literatura Oral da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega e "armadanzas" das polafías, co que tiven o pracer de falar intres antes do comezo.


O encargado de presentar e entrevistar aos diferentes convidados foi José Font, director e fundador da Radio Municipal de Tui. 


Interviron, entre outros nesta primeira Polafía do Baixo Miño, o cantautor guardés Tino Baz e o grupo Xamaraina, a redeira Carmen Baz, o historiador Xosé Lois Vilar Pedreira, o mariñeiro "Tito Chirro", o escritor Isidro Novo, así como Xerardo Santomé, María Aurora Botao Pereira e Beli Martínez. 


Non vos conto máis detalles e vos invito a que leades neste enlace a fantástica reportaxe da Polafía realizada polo incansable compañeiro, mestre e xornalista Antón Ferreira Lorenzo, coordinador da recoñecida web de información, Galiciasuroeste e autor tamén das imaxes que ilustran esta entrada no meu blog.