lunes, 6 de mayo de 2013

A MIÑA PRIMEIRA RUTA GUIADA DA TEMPADA EMITIRASE EN "PRIME TIME" NA TVG





O pasado venres 3 de maio, tal e como vos anunciara, guiei a primeira ruta da tempada polos Muíños do Folón e do Picón (PR-G 94), no Rosal.

Esta actividade deportivo-cultural foi gravada por un equipo da Televisión de Galicia (TVG) con motivo da preparación dun novo programa que en breve se emitirá en "prime time" na canle autonómica.


Dende aquí o meu agradecemento pola súa colaboración, entre outros, para María, Amalia, Noly, Pipu, Tuka, Mila, Blanca, Dina...

Foto: María Perezinsky

Un pracer por suposto, contar coa presenza nesta ruta do meu pai, o historiador Xoán Martínez Tamuxe, con quen escribín o libro "Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia".