Con esta nova entrada quero agradecer á Organización do II Galicia Awards Cache 2013, a súa invitación para presentar a gala que premiou aos mellores tesouros de Galicia e Portugal, así como o exquisito trato recibido durante todo o evento.
Como xa vos contara nun post anterior, o pasado 25 de agosto colaborei nun acto benéfico en favor de Cáritas Bembrive nas instalacións da Sociedad Cultural Deportiva y Recreativa "Helios" do mesmo Bembrive (Vigo).
Pois iso, o meu sincero agradecemento para os integrantes da Peña Sufridores Celestes, con mención especial para Amada e máis Emilio. Non me podo esquecer tamén de dar mil grazas ao amigo Sergio Rodríguez "Trinta" que realizou unha pedazo reportaxe fotográfica para a web Homeclaro.com e que se publicará íntegra proximamente.
Felicitar dende aquí ao rosaleiro Abraham (A3SOUND), gañador absoluto do certame co tesouro "El túnel del pánico" e aos demais premiados na II Galicia Awards Cache.
Igualmente saúdos para o grupo folk Xarope de Uva, así como para o monologuista Buenero Marín e os músicos-cantantes de Gondomar, Mateo e David, os Dealonsos.
Aínda que estou algo "perdido", e pre//ocupado polo tema do desolador incendio que ten arrasado a nosa Comarca do Baixo Miño, intentarei en breve ir subindo pouco a pouco todas as fotografías e as crónicas deportivo-culturais que teño pendentes.
¡Agardando que estedes ben, recibide unha forte aperta!