martes, 3 de septiembre de 2013

O ROSAL ACOLLE O SEU 5º CAMPIONATO DE FUTBOLÍN NA HONRA DOS CABAQUEIROS


Os gañadores co mestre cabaqueiro Manuel Rodríguez "Trintiña", ao que homenaxearemos este ano 


Boas a todos/as. 

Que tal. Xa vos adianto que o vindeiro 5 de outubro a Praza do Calvario en O Rosal, acollerá durante a XXVI Festa do Cabaqueiro a 5ª edición do xa recoñecido Campionato de Futbolín Os Cabaqueirosque creei e instaurei no ano 2009 na honra e lembranza dos telleiros do Baixo Miño. 


Se ben o pasado 2012 os equipos escolléronse por sorteo, desta vez volvemos ao sistema tradicional. Isto é, pódese escoller o compañeiro/a para participar no torneo.



Os campións da última edición foron Gerardo González Gómez "Gera" e Sergio Casal Fernández "Yeya" que gañaron nunha memorable final a José Ángel Fernández Martínez "Kesy" e Álex Casal Iglesias.


Quen desexe realizar a preinscrición do seu equipo no torneo e para máis información, que contacte comigo. Unha forte aperta.