miércoles, 2 de octubre de 2013

PRESENTACIÓN DO EVENTO DEPORTIVO "15 K DEL ATLÁNTICO" NO TALASO (MOUGÁS-OIA)



Este martes 1 de outubro asistín -convidado polo seu coordinador, Serafín Martínez Acevedo- á presentación celebrada no Hotel Talaso (Mougás) do evento deportivo "15K del Atlántico", que percorrerá este domingo as vilas de Oia, O Rosal e A Guarda, en Pontevedra.


Entre os asistentes a este acto, presentado polo coñecido xornalista da TVG, Terio Carrera, estiveron os tres alcaldes dos mencionados concellos, patrocinadores e representantes das asociacións Avelaíña e San Xerome. 

Na segunda imaxe, intervención da guardesa Julia Vaquero, unha das mellores atletas galegas da historia, que tampouco se quixo perder esta presentación.


¡¡Moita sorte Sera e todo o meu apoio neste proxecto!! ¡¡Estou seguro de que será todo un éxito!!