sábado, 1 de febrero de 2014

RAÚL FERNÁNDEZ REMATA NA 33ª POSICIÓN NO CAMPIONATO DO MUNDO DE CICLOCROSS


Raúl dándoo todo en Ispaster (País Vasco). Foto: Daniel Peña

O ciclista da vila, Raúl Fernández Lorenzo (Club Ciclista O Rosal) vén de disputar hoxe, sábado 1 de febreiro, o Campionato do Mundo de Ciclocross, categoría júnior, en Hoogerheide (Países Baixos), rematando nunha meritoria 33ª posición (de 71 participantes).

Así mesmo, os nacionais Diego Pablo Sevilla, Gotzon Martin e o propio Raúl, rematan nun fantástico 5º posto por equipos.

¡Noraboa Raúl por esta experiencia, a bo seguro, inesquecible... e moita sorte no teu inmediato futuro deportivo. Estamos contigo!

Velaquí vos deixo o vídeo íntegro da carreira de hoxe no Mundial.