viernes, 21 de marzo de 2014

Novo proxecto deportivo en O Rosal, con Serafín Martínez Acevedo e Óscar Vicente Rodríguez


Serafín e Óscar en pleno adestramento. (Foto: S.M.A.)

Xa vos avanzo -en rigurosa primicia e cun certo chisco de segredo- que os recoñecidos deportistas Serafín Martínez Acevedo e Óscar Vicente Rodríguez están xa traballando para levar este ano, a bo porto, un máis que interesante proxecto deportivo na súa vila, O Rosal (Pontevedra), do que tamén terei a honra de formar parte.


Como algúns xa sabedes, o vindeiro sábado 12 de abril, presentarei de novo no Auditorio Municipal o acto de Recoñecemento ao Mérito Deportivo, onde se homenaxearán aos clubs e deportistas rosaleiros máis destacados dende o ano 2011. Será nesta ocasión cando se desvele, en exclusiva, en que consistirá realmente a idea destes dous cracks.


Velaquí vos deixo as dúas últimas entrevistas que lles realicei a ambos no pasado 2013.