sábado, 7 de junio de 2014

Isabel Blanco, coa carreira e andaina 10k O Rosal



É para min un pracer comunicarvos que a actriz de orixe galega, Isabel Blanco Picallo, gañadora dun Premio Mestre Mateo "a la mejor interpretación femenina protagonista por Un franco, 14 pesetas" e coñecida -entre outras- polas series Mareas Vivas (TVG), Nada es para siempre (Antena 3) ou Cuéntame cómo pasó (TVE), tamén vén de amosar o seu apoio á carreira e andaina 10k O Rosal Feira do Viño.


Isabel únese, desta maneira, tras o presentador de Luar (TVG), Xosé Ramón Gayoso, ao elenco de artistas, autoridades e deportistas que queren reflectir o seu convencemento no éxito desta importante e atractiva cita -o 20 de xullo- na nosa vila.