lunes, 9 de febrero de 2015

Os novos Guardiola e Simeone, en O Rosal


Tal e como se pode ver na páxina do Concello do Rosal, a pasada semana tivo lugar na casa consistorial a clausura e entrega de diplomas do Curso de Monitor de Fútbol Base, convocado pola Federación Galega de Fútbol.

Achegueime ata alí para realizar as fotos do evento e comprobar a ilusión e o bo facer dos xa novos adestradores oficiais. En verdade, palabras de agradecemento e admiración para os alumnos foron as que saíron de José Luis Mosquera (ex-xogador do Celta e coordinador dos cursos na comarca de Vigo) e Manuel Mosquera, director da "Escuela Gallega de Entrenadores". 

Estes títulos véñense a sumar ao dun dos precursores rosaleiros, Diego Álvarez Fernández, residente na capital de España, e que en xuño do pasado 2014 recibía tamén o título de "Entrenador-Monitor Nacional de Fútbol Base" tras os seus estudos e prácticas nas instalacións da Federación Madrileña.

¡Noraboa a todos, e a ver se saen os novos Del Bosque, Guardiola, Simeone, etc!