jueves, 24 de septiembre de 2015

Este sábado, ao VI Congreso de Escritoras/es


¡Boas a todos/as! ¡Que tal!

Comunícovos que este sábado 26 de setembro teño a honra de asistir en Pontevedra ao VI Congreso de Escritoras/es da AELG, asociación da que son membro dende 2008 e que este ano me nomeou autor da semana do 2 ao 8 de marzo.


O Pazo da Cultura acollerá este evento, que ten o apoio do concello de Pontevedra a través da súa concellaría de Cultura, e no que estudaremos e debatiremos temas tan interesantes -entre outros- como os dereitos de autoría e profesionalización, as novas formas de edición ou a formación de lectores/as.

¡Agardando que chegue! ¡Saúdos a todos/as e a coidarse!