martes, 24 de noviembre de 2015

Dani Cerqueira e Paulo Dacosta, na Copa EHF

O pivote Dani Cerqueira e Paulo Dacosta, extremo esquerdo. (Fotos: Cangas)

Os rosaleiros Dani Cerqueira e Paulo Dacosta, ambos xogadores do Club Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo, veñen de disputar co seu equipo a ida da 3ª ronda da Copa EHF (European Handball Federation) fronte ao CSM Bucarest de Rumanía.



O partido, que se disputou no pavillón Concordia Hall de Chiajna, ante uns 800 espectadores, non foi todo o bo que se esperaba e o Cangas sufriu unha dura derrota (31-24) na súa estrea europea

Será no Gatañal onde os pupilos de Víctor García "Pillo" terán que intentar remontar eses 7 goles para alcanzar a fase de grupos da Copa EHF.



O equipo dos rosaleiros visita hoxe (20:15 horas) a pista do Fertiberia Puerto Sagunto coa intención, según La Voz de Galicia, "de desquitarse de su derrota europea ante el Bucarest y de buscar un triunfo que le permita mantener intactas sus opciones de luchar por clasificarse para la Copa Asobal. Un triunfo supondría la novena jornada consecutiva ganando para los de Pillo".

¡Dende aquí moito ánimo e sorte para o Cangas e en especial para Dani e Paulo, que verdadeiramente xa fixeron historia para O Rosal competindo en Rumanía! 



P.D.: Lembrade, a volta, contra o CSM Bucarest, este domingo 29 de novembro (19:00 horas, TVG 2).