martes, 10 de noviembre de 2015

Interesante Xornada de Literatura e Cinema


A Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG) organiza, o sábado 28 de novembro, en colaboración coa AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega) e o apoio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, a máis que interesante I Xornada de Literatura e Cinema: "Unha literatura en imaxes".

Os seus obxectivos serán:

·Achegar a vinculación histórica da literatura coa súa proxección a través da imaxe.
·Afondar nas relacións interdisciplinares das diferentes artes.
·Ofrecer pautas de metodoloxía didáctica interactiva a redor da experiencia poética.
·Experimentar novos soportes técnicos vinculados á lectura.
·Analizar a relación entre palabra e imaxe no proceso de creación.


A metodoloxía:

·Alternarase a intervención teórica das participantes coa proxección parcial de filmes e curtas vinculadas coa literatura galega.
·Promoverase o coloquio e a participación activa a través dos coloquios e dos obradoiros vinculados á creación da videopoesía.

Máis información, aquí.