jueves, 18 de febrero de 2016

Catro rosaleiros, a polo ascenso a 2ª co Torroña



Boas a todos/as!

Que tal! Comparto con vós esta reportaxe publicada onte, mércores 17 de febreiro, no suplemento "Campeones" da edición impresa do xornal Faro de Vigo, onde son protagonistas varios rosaleiros.

Co título Tradición y calidad. El Torroña busca el ascenso a Segunda División faise un resumo das dúas décadas de existencia e "actividad constante" do equipo de veteranos oiense Embutidos Torroña.


Na actualidade o Torroña vai 3º na clasificación con 45 puntos, a tan só 1 do segundo clasificado. Despois de 22 partidos xogados, 13 vitorias, 6 empates e 4 derrotas, segundo Faro de Vigo, el Embutidos "ha presentado su candidatura". 


Dende aquí felicitar a todo o equipo (con xogadores de Torroña, Goián, Ramallosa, Vilariño, Baiona, etc) e en especial aos rosaleiros Pablo e Roberto (3º e 2º arriba, na imaxe, comezando pola dereita), a Miguel (agachado, 1º pola dereita) e a Dani, que non está na fotografía.

¡Graciñas a Rober pola información. A darlle caña e moita sorte, rapaces!