jueves, 18 de febrero de 2016

Obradoiro de creación literaria, por Carlos Negro


Escola de Escritores-as da AELG presenta un Obradoiro de creación literaria, nesta ocasión impartido polo escritor Carlos Negro e con Baldo Ramos como autor convidado.

Este obradoiro é posíbel grazas ao patrocinio do Concello de Pontevedra e a colaboración do Pazo da Cultura.

Comezará o 27 de febreiro e terá unha duración de doce semanas, con cadansúa sesión de dúas horas.

Está aberto o proceso de inscrición para as 25 prazas, gratuítas, para maiores de 16 anos, que se adxudicarán por orde de solicitude (inscricions@pontevedra.eu)


O poema é un animal escondido


Se queres escribir, desanda o camiño.

Abre os ollos, as orellas, as portas da casa.

Escoita o inaudible.

Achégate como quen pasa a man polo lombo dunha besta salvaxe.

Estou dentro de ti.

Eu son o poema.