miércoles, 2 de marzo de 2016

Coñecer Galicia: Os Muíños do Folón e Picón


Esta foi a miña intervención no programa "Coñecer Galicia" que se emitiu o sábado 27 de febreiro en directo na Radio Galega. Nesta ocasión falei coa condutora Isabel Freire dos Muíños do Folón e do Picón, un dos "buques insignia" culturais e turísticos do Concello do Rosal.



Aínda que notaredes que andaba un pouco "apurado", xa que xustamente cadrou que durante a entrevista estaba en plena ruta polos montes de Oia e O Rosal, intentei deixar claro que tanto O Rosal como o Baixo Miño son un auténtico paraíso. 

Dende aquí, agradecer á Radio Galega a súa preocupación e interese polo noso fermoso e histórico enclave dos 67 muíños do Folón e Picón.