jueves, 28 de abril de 2016

Moita arte no III Concurso Antonio Granja 2016


Reportaxe fotográfica: Xesús González (Suso).

O pasado domingo 24 de abril tiven o pracer de presentar no Auditorio Municipal do Rosal a III edición do Concurso de Xoves Intérpretes "Antonio Granja", que, en verdade, amosou arte polos catro costados. 



O certame, organizado pola Agrupación Musical do Rosal que dirixe José Javier Bascoy e preside Iván Diego Martínez, coincidindo co seu 30º Aniversario, estivo aberto por vez primeira -na categoría de máis idade (17 a 23 anos)- a participantes de calquera procedencia. 


clarinetista vigués Xosé Antón Comesaña foi o gañador desa categoría, conseguindo Juan José López o 2º premio e Sara Pumar, o 3º.


O concurso, dende os seus inicios, "fai homenaxe co seu nome a un dos socios fundadores e principais precursores deste colectivo musical do Baixo Miño".

Actuación do grupo Kla-Son da Agrupación Musical do Rosal

Aparte da contía dos premios (500, 300 e 200 euros), o gañador do Concurso terá nun futuro "a oportunidade de actuar como solista coa Banda da Agrupación". 


Finalmente, e tras unha difícil deliberación debido ao alto nivel de tódolos finalistas, "o xurado decidiu conceder os tres primeiros postos aos xoves músicos arriba mencionados, todos eles da especialidade de clarinete. Na xornada do sábado, os gañadores foron Laura Riveiro Amorín e David Rodríguez Castro (categorías A e B respectivamente), onde tamén obtiveron unha mención especial María Pereira e Uxía Aldea".